I Concurso Son Rías Baixas

O Son Rías Baixas. Empezou xa hai unha morea de anos co nome de "A Noite do Trasno" e celebrábase no Cabo Udra en Beluso. O entorno era incrible e, debido a iso, acabárono cambiando de sitio xa que o incluíron dentro da zona protexida do Parque Natural das Illas Atlánticas...
Logo pasárono a Bueu bautizado xa como "Troula na Banda" e logo duns anos modificaron a localización de novo e cambiouse de nome a "Son Rías Baixas".

Despois de 11 edicións este ano animáronse, xunto coa Radio Galega, a facer un concurso de bandas para ofrecer ós grupos máis modestos a posibilidade de tocar nun festival que ano a ano vai crecendo e que lle da a Bueu, unha vila costeira, pesqueira e que no vran se enche de jodechinchos; un toque festivaleiro-musical que prevalece máis alá dos días que dura o festexo.

E nós, Os Mordecáns, como non, presentámonos a este concurso. Podedes votar por nós tanto para o Concurso Son Rías Baixas coma para ó concurso da Radio Galega, promocionado maioritariamente polo programa Planeta Furancho.
Aquí vos deixamos os enlaces para que nos poidades votar nos dous concursos.

Este para o Son Rías Baixas, a través do facebook:
https://apps.facebook.com/cool-promo/1517/participations/481442

E éste para o apartado da Radio Galega:
http://blogs.crtvg.es/sonrias/votacions/


Para máis información sobre o Festival:
http://www.sonriasbaixas.info/

Saúdos

Felicidades a Banda de Andrelo

Pois non puido ser... Tal vez para outra ocasión. O certo é que era difícil. Non só cabe felicitalos por gañar, tamén por conseguir ese son tan potente e compacto en directo. Felicidades rapaces.





Imaxinade cómo debeu ser de encarnizada a loita que así acabaron os nosos votos... Coma algún despois dunha noite de marcha....

Finalistas no concurso de maquetas do Festival Millo Verde en Redondela. 

De 47 bandas quedamos 3. Non está mal, non? Alí estaremos o 19 de Abril a partires das 22h para os que queirades asistir.

 

OS MORDECÁNS NA "IV EDICIÓN DE LA DIADA DE LA RUMBA" 18 DE NOVEMBRO DO 2012

O PASADO 18 DE NOVEMBRO CELEBROUSE OUTRA EDICIÓN DA "DIADA DE LA RUMBA" EN BARCELONA, NA SALA APOLO. DOUS MORDECÁNS DECIDIMOS COLLE-LO AVIÓN E IR PARA ALÓ A RUMBEAR CO GRUPO "RUMBA BONA". PASÁMOLO PIPA!!! DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DO EVENTO.
ASALA APOLO ABARROTADA!
COS MANOLOS!

OS MORDECÁNS EN SETEMBRO NAS FESTAS DE CARNOTA

VOLTAMOS A CARNOTA!!! . ESTA VEZ SERÁ NA FESTA DA QUEIMADA, O 14 DE SETEMBRO DE 2012.

IMOS ARDER !!!

ESPERAMOS QUE O TEMPO SE PORTE BEN E PODAMOS OFRECER UNHA BOA FESTA NESTA MARABELLOSA VILA DA COSTA DA MORTE.

ALÓ IMOS CARNOTA!!!

"Festa Hortera"-Os Mordecáns

EI! XA ESTAMOS DE VOLTA! E CON FORZA!

CON MOTIVO DA FESTA HORTERA 2012 CREAMOS ESTE TEMA, INSPIRÁNDONOS NAS PASADAS EDICIÓNS...

ADEMÁIS DE PARECERNOS A MELLOR FESTA DE PORTO DO SON DE TODO O ANO, PENSAMOS QUE SERÍA UNHA BOA IDEA FACERLLE UNHA HOMENAXE A TODA ESA XENTIÑA QUE A FAI POSIBLE... TODOS VÓS!!! E QUE MELLOR MANEIRA QUE CON MÚSICA, NON?

MOITAS GRAZAS!!!

PODEREDES ESCOITALA EN PERSOA SI VOS ACERCADES O 4 DE AGOSTO DE 2012 A PORTO DO SON, DONDE FOMOS INVITADOS A FACE-LA RONDA DOS VIÑOS... QUE LUXO!!! "CHEGAN OS SETENTA, COA SÚA VESTIMENTA,..."

CLICADE AQUÍ:"Festa Hortera"-Os Mordecáns

"PEOR ESTOU EU" NA FINAL DE NOTODOFILMFEST X EDICIÓN!!!

NORABOA!!!

PINCHA AQUÍ PARA VER OS FINALISTAS ("PEOR ESTOU EU" ESTÁ NA PÁXINA 7)


E AQUÍ PARA VER QUEN É O XURADO

"PEOR ESTOU EU", CURTA PRESENTADA Ó X FESTIVAL "NOTODOFILMFEST" NA CATEGORÍA "UNA PELI DE..."




OS MORDECÁNS ESTÁN QUE NON PARAN!!!

COA COLABORACIÓN DALGÚNS DE NÓS (IAGO- PERCUSIÓN, VÍCTOR- TECLADO E GUITARRAS E MARIANO- BAIXO) CREOUSE A BANDA SONORA DA CURTA "PEOR ESTOU EU", (GUIÓN DE SOFÍA TARELA - O DENTE NEGRO-). TAMÉN COLABOROU O COMPOSITOR MIGUEL JIMÉNEZ LÓPEZ (PIANO). A COMPOSICIÓN ORIXINAL É DE VÍCTOR. TAMÉN FOI ENCARGADO DO SON.

ESES MORDECÁNS!!!

A CURTA FOI PRESENTADA A CONCURSO NO DÉCIMO FESTIVAL "NOTODOFILMFEST" NO APARTADO "UNA PELI DE..." NA QUE O DIRECTOR JOSÉ LUÍS CUERDA ("LOS GIRASOLES CIEGOS", "AMANECE QUE NO ES POCO", "LA EDUCACIÓN DE LAS HADAS", "LA LENGUA DE LAS MARIPOSAS",...) ESCOLLERÁ CATRO CORTOS ADMITIDOS A CONCURSO, QUE PASARÁN A UNHA FINAL CUN XURADO ENCARGADO DE ESCOLLER A MELLOR DELAS.

ARTISTAS!!!