Felicidades a Banda de Andrelo

Pois non puido ser... Tal vez para outra ocasión. O certo é que era difícil. Non só cabe felicitalos por gañar, tamén por conseguir ese son tan potente e compacto en directo. Felicidades rapaces.





Imaxinade cómo debeu ser de encarnizada a loita que así acabaron os nosos votos... Coma algún despois dunha noite de marcha....

Finalistas no concurso de maquetas do Festival Millo Verde en Redondela. 

De 47 bandas quedamos 3. Non está mal, non? Alí estaremos o 19 de Abril a partires das 22h para os que queirades asistir.