I Concurso Son Rías Baixas

O Son Rías Baixas. Empezou xa hai unha morea de anos co nome de "A Noite do Trasno" e celebrábase no Cabo Udra en Beluso. O entorno era incrible e, debido a iso, acabárono cambiando de sitio xa que o incluíron dentro da zona protexida do Parque Natural das Illas Atlánticas...
Logo pasárono a Bueu bautizado xa como "Troula na Banda" e logo duns anos modificaron a localización de novo e cambiouse de nome a "Son Rías Baixas".

Despois de 11 edicións este ano animáronse, xunto coa Radio Galega, a facer un concurso de bandas para ofrecer ós grupos máis modestos a posibilidade de tocar nun festival que ano a ano vai crecendo e que lle da a Bueu, unha vila costeira, pesqueira e que no vran se enche de jodechinchos; un toque festivaleiro-musical que prevalece máis alá dos días que dura o festexo.

E nós, Os Mordecáns, como non, presentámonos a este concurso. Podedes votar por nós tanto para o Concurso Son Rías Baixas coma para ó concurso da Radio Galega, promocionado maioritariamente polo programa Planeta Furancho.
Aquí vos deixamos os enlaces para que nos poidades votar nos dous concursos.

Este para o Son Rías Baixas, a través do facebook:
https://apps.facebook.com/cool-promo/1517/participations/481442

E éste para o apartado da Radio Galega:
http://blogs.crtvg.es/sonrias/votacions/


Para máis información sobre o Festival:
http://www.sonriasbaixas.info/

Saúdos